Entroido en Educación Infantil e en 1º e 2º de EP
Na mañá do venres, os alumnos de infantil e de 1º e 2º de EP, tiveron a ocasión de disfrutar do entroido con disfraces baseados na película de Frozen. Disfraces feitos con materiais sinxelos pero con resultados ES-PEC-TA-CU-LA-RES.
Ese mesmo día, os alumnos e mestres de primaria e ESO, trouxeron o último complemento da semana: «unha prenda orixinal»: dende batas de médicos, pixamas, lazos…
Lembramos que durante toda a semana o «entroido», presentouse no colexio dunha forma diferente cada día: gorros, gafas, bisutería…
Botádelle unha ollada ás fotografías e mirade o ben que o pasamos.