Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Tarde de Entroido

O venres 13 de febreiro celebramos no noso Centro2015-02-13 18_15_59 3535 a tarde do Entroido. Ao mesmo tempo, quixemos que fose unha tarde especial, e polo tanto celebramos tamén a tarde de convivencia coas familias deste trimestre. Desde ás 16,30 h, alumnos, familias e profesores xuntámonos, algúns disfrazados e outros sen disfraz, para pasar unha tarde de festa e celebración todos xuntos.

Tivemos a oportunidade de degustar dóces típicos de entroido: había filloas, orellas, rosquillas, «torrijas»… todo ben acompañado dun chocolate quentiño que se encargaron de preparar as nais da ANPA.

Houbo unha zona para xogos da escola infantil con diferentes xogos e non faltou a música e baile para amenizar a tarde e amosar as nosas habilidades bailarinas.

Tivemos ocasión de pasar tempo xuntos, rir, xogar, bailar… en fin, todo o que se espera dunha boa tarde de entroido. Esperamos que fose do agrado de todos.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.