Charla sobre a violencia de xénero
Na mañá de hoxe, xoves 12 de febreiro, achegouse ao noso Centro o Inspector David Sánchez, responsable da UDEV (Unidad de Delincuencia Especializada y Violencia) para unha xornada informativa co noso alumnado de ESO sobre a Violencia de Xénero. A charla, plantexada de xeito interactivo, resultou moi dinámica e clarificadora sobre os conceptos claves desta lacra social, e incidiu moito en cales serían os comportamentos ante situacións de risco.
Ademais da violencia de xénero, tamén se falou da violencia doméstica, e sobre todo, serviu para que os nosos alumnos teñan a información necesaria para, no seu futuro, ser capaces de ter unha opinión propia e unha actitude axeitada ante este tipo de situacións.