Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

5º e 6º no teatro e no cine

Os alumnosde 5º e 6º de Primaria iniciamos esteSaídas 5º e 6º (20)  2º Trimestre con dúas saídas culturais.

O día 23 de xaneiro fomos ao centro cultural de Afundación para  asistir a unha representación teatral en inglés.A obra titulábase SPINDERELLA. Unha versión moderna do clásico conto de fadas “A Cincenta”.

Tres actores amósanos temas relacionados  coa boa alimentación, a vida activa e a persecución dos soños.

Disfrutamos moito coa representación, a interación cos alumnos e a aprendizaxe da lingua inglesa dun xeito moi familiar e atractivo. NORABOA !!!

O día 4 de febreiro fomos ao teatro JOFRE para ver unha película titulada “El verano de sus vidas”. Consta a historia dun home que está amargado desde a morte da súa esposa e atopa consolo no alcohol. O seu sobriño atópalle un lugar para pasar as vacacións e de paso intentar reanimar o seu instinto como escritor. Escribe cunha vella máquina de escribir, cunha soa man porque é parapléxico.Alí coñece a unha muller divorciada coas súas tres fillas. A súa relación con elas lembraralle o que adoitaba dicirlle a súa esposa “Cando unha porta péchase nalgún sitio outra se abre noutro lugar”.

Gustounos moito, menos mal que aínda quedan dúas películas por ver:

·         “Los cinco y elmisterio de la joya escondida”   (11 de marzo)

·         “El medallón perdido”(6 de maio)

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.