Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Día da Paz 2015

O noso Centro, aínda que o tempo non acompañou resized_SAM_7589e non estaba o día para saír ao pavillón, non quixo deixar pasar a ocasión de celebrar o día da Paz este venres día 30 de xaneiro.

Desde a primeira hora da mañá, os titores traballaron cos alumnos nas aulas escoitando un conto («El mejor guerrero del mundo«) no que se destacaban os valores da paciencia, a palabra e a Paz como as mellores armas que poden ter as persoas e axudaron aos seus alumnos a facer unha reflexión do que alí se contaba. Tamén aproveitaron eses intres para decorar unhas mans nas que expresar os nosos desexos de Paz e que ao final da mañá intercambiaron con compañeiros doutros cursos.

Como non se podía saír ao exterior, nos corredores de infantil colocouse unha imaxe do planeta Terra que se encheu de mans con mensaxes de Paz (unha por clase) e que se rodeou con outra cadea de mans coa palabra Paz en diferentes idiomas (PAZ, SALAM, PEACE, FRIEDEN, PAIX, PACE, SHANTI, HEPING, UDO, HETEP, MIR, FRED, VREDE). E para rematar todos cantamos a canción «Somos una marea de gente» de Macaco para simbolizar o feito de que a pesar de ser distintos, realmente todos somos iguais.

Con este xesto quixemos amosar o noso compromiso coa Paz e aportar o noso gran de area para que o mundo sexa un lugar mellor.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.