Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Quérote+ imparte unha charla en 3º ESO

O venres 28 de novembro, os nosos alumnosIMG-20141128-WA0026 de 3º de ESO recibiron unha charla «Quérote +» . «Quérote +» é un programa dentro do Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

No programa de que se desenrolou esta semana, Ainoa, una das psicólogas do centro de Ferrol, ofreceunos un acercamento crítico a concepción da nosa imaxe persoal.  A construcción que facemos da nosa imaxe vese frecuentemente influenciada polos seguintes factores: os modelos ou patróns establecidos como desexables polos medios de comunicación social,  a valoración que facemos de nós mesmos en comparación cos patróns estéticos e as influencias dos eloxios e críticas que realizan persoas significativas.

De maneira particular os medios de comunicación difunden un grupo de patróns e estereotipos de beleza que se soen asociar co prestixio social, a elegancia, o éxito, a saúde  e outras representacións sociais desexables. Transmítennos que hai unha única maneira de gustar aos demais e de sentirnos ben.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.