Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Visita didáctica de persoal de SOGAMA

O noso Centro, dentro do programa Voz Natura, IMG-20141127-WA0022e comprometido coa educación dos nosos alumnos nun consumo responsable e a necesidade de coidar o noso planeta, púxose en contacto con SOGAMA (Socidade Galega do Medio Ambiente) para que viñese falar cos nosos alumnos de varios temas de interese medioambiental.

O xoves 27, varios membros desta organización estiveron nas clases de 3º a 6º de EP e de 1º a 4º de ESO para comentar cos nosos alumnos a necesidade de realizar unha boa separación dos residuos que creamos nas nosas casas, para que toda a cadea de reciclaxe, e por suposto, todos nós, nos vexamos beneficiados por iso.

Nun primeiro momento, explicaron o percorrido que fan os residuos que todos botamos aos contedores desde que os depositamos aí ata que chegan ás plantas que se encargan do seu tratamento.

Con posterioridade,  fixeron un percorrido polos distintos contedores que hai, e que residuos habería que botar en cada un deles para que sexa eficaz esta separación. Fixeron especial fincapé no termo «envase» como palabra clave para o de cor amarela e indicaron que cousas adoitamos facer mal (papel sucio, botar cristal no contedor de vidro, os aceites das cociñas polos sumidoiros…).

Por último, concienciaron aos nosos alumnos da política dos 3 R (Reducir, Reutilizar, Reciclar) e puxeron exemplos moi sinxelos de cousas que poderiamos facer todos para reutilizar e aforrar materiais e a importancia de facer compras responsables.

Desde estas liñas queremos agradecer a SOGAMA pola súa colaboración e recomendamos a visita da súa páxina web onde están detalladas máis polo miúdo estas pequenas indicacións.

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.