Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Que viveiros plantamos con Voz Natura!

Semilleros educ. inf (8)Hoxe, pola mañá, os nenos e nenas de Educación Infantil plantamos uns viveiros. Esta actividade está englobada dentro das moitas que realizamos con Voz Natura ao longo do curso.

Tiñamos todo o necesario para poder realizalo: terra, agua, sementes de leituga (vermella e verde), berenxenas, os recipientes reciclados para plantalas (uns recipientes de zume vacío),  ferramentas axeitadas e sobre todo, moitas gañas de facelo  ben.

Por grupos,  fomos plantando, sementando e regando. Puxemos ao final en cada viveiro un debuxo do plantado, para que cando saia o identifiquemos perfectamente.

Despois de hoxe, aínda queda coidar as sementes para logo poder transplantalas. Esperamos que medren pronto para poder comelas.

Xa volo iremos contando.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.