Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Convivencia das familias

2014-11-21 18_40_20 2615Coma todos os anos, sendo fieis ao Carácter Propio do noso Centro, levamos a cabo unha das actividades que máis satisfacción nos produce. Trátase da convivencia das familias. Este venres 21, tivemos festa á que todos estabamos convidados. Fixemos unha transformación dos corredores e das aulas de infantil para transformalos nunha ampla zona de xogos: tres en raia, facer bailar a buxaina, escorregadoiros, dominó… non importaba a idade, só as gañas de pasalo ben. Ata houbo a posibilidade de patinar no pavillón.

Como complemento a isto, fixemos un concurso de tartas no que as familias trouxeron as súas mellores pezas, algunhas delas con receitas familiares de longa tradición. O noso xurado, especializado en actos deste tipo, tivo enormes dificultades para achar a gañadora dada a calidade dos doces presentados. É de xustiza sinalar aquí aos gañadores: Liang Jun Jiang ( 4 anos), Alejandra Gálvez Yusta (2º EP) e Aldara Diéguez Sánchez (2º EP); parabéns aos gañadores e tamén ao resto de participantes, porque o mellor premio foi que, ao remate da festa, practicamente non quedou nin faragulla das tartas.

Houbo tamén unha rifa dun equipamento deportivo do colexio  que foi para Mario García Parada de 5 anos e un pack de ocio para aproveitar en familia que foi para Sergio e Alejandro Cendán San Isidro.

Despois de moito xogar e rir, todos os asistentes puideron degustar os doces presentados ao concurso cun chocolate de acompañamento.

Desde aquí queremos agradecer a todos os asistentes: alumnos/as, pais, nais, familiares, Irmáns,  profesores, membros da ANPA, de actividades extraescolares, os animadores de grupos do colexio, exalumnos/as e todos os que se achegaron polo colexio para facer posible a tarde de onte.

Moitas grazas e ata a próxima!

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.