Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Saída de 1º e 2º ESO

IMG-20141118-WA0033O martes 18 de novembro os alumnos de 1º e 2º de ESO realizaron a saída deste primeiro trimestre.

En primeiro lugar dirixíronse  a Esmelle onde os monitores fixeron unha pequena explicación sobre os muíños.

Fixeron unha marcha con varias paradas nos diferentes muíños para observar como é a vexetación nesta zona, baseada en xestas e monte baixo, e árbores autóctonas, usos da fraga, mitos asociados…

Durante  a marcha, foron collendo calcos de follas e cortizas que logo identificaron coas claves, e, unha vez identificadas, elaboraron un caderno de campo.  Explicáronlles como  medir a altura e o grosor dunha árbore, a averiguar a sua idade,  identificalas con claves, …

Con posterioridade, tiveron unha comida conxunta, fixeron uns xogos medioambientais e voltaron para o colexio.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.