Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Saída de 3º e 4º de ESO

visita_20141118 (1600x1200)Este martes 18 de novembro, os alumnos de 3º e 4º de ESO estiveron todo o día na cidade de Santiago para facer tres visitas. A primeira delas,  á primeira hora da mañá,  foi a visita a Meteogalicia para ver as instalacións, recibir unhas nocións básicas sobre como se elaboran os partes meteorolóxicas e botar un globo para facer unha radiosondaxe da situación atmosférica de hoxe. A verdade é que foi unha experiencia inesquecible.

Con posterioridade, dirixíronse ao MUPEGA para visitar as instalacións e observaron como eran as clases dos nosos pais e os nosos avós, ademais de ver toda unha chea de libros, xogos tradicionais, pupitres, tinteiros…

Por último tiveron unha visita arquitectónica á Cidade da Cultura, no Monte Gaiás, onde lles explicaron todos os pormenores desta enorme obra e observaron as instalacións e o seu funcionamento.

Un día diferente, fóra das aulas e de moito interese polas cousas que nos aportaron. Graciñas a todas as persoas que nos recibiron e nos acompañaron nestas visitas.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.