3º e 4º de Primaria no teatro
O xoves 30 de outubro os nenos e nenas de 3º e 4º de E.P fomos ao Teatro Afundación para ver a obra titulada “Antía , Wamba e o regato pequeno”. Son catro contos (que falan de África e de Europa) para bailar, cantar, xogar e tamén para sentir e pensar. Os relatos fixéronnos reflexionar sobre a solidariedade, a igualdade e a importancia de compartir, valorar e ollar con esperanza… Participamos, cantamos e emocionámonos!
Pasamos un rato moi divertido e aprendemos moito!!!