Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

3ºe 4º de Primaria no Colexio Mosteiro de Caaveiro e no Museo Etnográfico da Capela

3º e 4º na Capela (18)O mércores 22 de outubro os alumnos/as de 2º ciclo de E.P fomos visitar o colexio da Capela. Os nenos e nenas de 4º E.P  deste colexio tiñan preparados para nós algúns xogos populares dos que teñen recollidos no seu  proxecto “Brinquedos”. Ao rematar ensináronnos un  xogo etíope chamado “Arrastres”. Pasamos unha mañá moi divertida. Antes de comer vimos a exposición de xoguetes Africanos que lles doaron. É incríble, canta creatividade!!!

Despois de xantar compartimos un ratiño de xogo cos nenos do colexio antes da visita ao Museo Etnográfico. Alí puidemos ver a maneira de vivir dos nosos antepasados e os seus costumes. Canto tiñan que traballar!!!

Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben, como podedes ver nas seguintes fotos…

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.