Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Reunións coas familias

O martes 7 e o mércores 8 de outubroReuniones de padres (6) tivemos as reunións de inicio de curso coas nosas familias.

Queremos nun primeiro momento agradecer novamente a asistencia de todos os que se achegaron para coñecer máis de preto a nosa oferta educativa.

Reunidos todos no salón de actos, o Equipo Directivo do Centro puxo en coñecemento de pais e nais as novidades que se van producir a partir deste curso coa nova lei de educación LOMCE. Do mesmo xeito, falouse do  Lema que nos vai acompañar ao longo deste curso 2014-15 «Nas nosas mans está»

Con posterioridade, explicáronse os programas que se están levando a cabo no noso Centro e que forman parte do noso marco pedagóxico.  Escoitamos falar de programas como Ulises, Crea,  Hara, facendo especial fincapé nos beneficios que aporta aos alumnos a Aprendizaxe Cooperativa e no novo método de educación infantil baseado nas intelixencias múltiples.

Comentouse tamén os cambios que se están a facer á nova versión da plataforma Sallenet que en breve estará totalmente operativa para funcionar como en anos anteriores.

Por último, as familias reuníronse en clase cos titores  onde se explicou máis polo miúdo o traballo do día a día e serviu para ter unha primeira toma de contacto entre os titores e as familias que se prolongará ao longo de todo o curso escolar.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.