Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Charla sobre seguridade nas novas tecnoloxías

Nesta mañá do 7 de outubro contamosCharlas Nuevas Tecnologías (8) coa visita dun inspector da Policía Nacional que comentou cos nosos alumnos os riscos que conleva o uso incontrolado de internet, móbiles, redes sociais, novas tecnoloxías. As charlas estiveron organizadas en tres momentos diferentes e orientadas a cada franxa de idade: 5º e 6º de EP, 1º e 2º de ESO e 3º e 4º de ESO. As charlas resultaron moi amenas e didácticas e, sobre todo, de proveito para que os nosos alumnos fagan un uso máis seguro e responsable das novas tecnoloxías.

Como complemento a esta charla, está prevista a organización dunha charla orientada ás familias, coa intención de comentar os riscos e, sobre todo, como prever e controlar os usos indebidos que podan facer os nosos fillos destas ferramentas aclarando todas as dúbidas sobre este tema.

A charla para as familias está prevista para o martes 21 de outubro ás 16:00 h e sería necesario informar ao titor do voso fillo para comprobar o número de xente interesada e poder levala a cabo. Consideramos que paga a pena asistir.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.