Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Convocadas as axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2014-2015

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca as axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2014-2015.

Convocan axudas individualizadas para:

  • Axudas directas para o alumnado incluíndo o afectado por TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade) que requira por un periodo da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.
  • Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.
  • Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Os requisitos para a obtención das axudas, así como as clases e cuantía das mesmas aparecen detallados no BOE do sábado 12 de xullo de 2014. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2014.

Para esta convocatoria o Ministerio de Educación  recomenda que se faga a solicitude por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «trámites y servicios».

Para as familias que non poidan acceder á solicitude pola vía telemática existe a posibilidade de realizar a solicitude cubrindo o impreso proporcionado.

Nas seguintes ligazóns tedes os documentos necesarios:

É imprescindible poñer un correo electrónico na solicitude.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.