Get Adobe Flash player

Xestor educativo

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Exposición de instrumentos tradicionais galegos

resized_DSC_0072A  pasada  semana  tivemos  a  sorte  de contar  no  noso  colexio  dunha Exposición de instrumentos tradicionais galegos  elaborados a man polos alumnos do Obradoiro do Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Este obradoiro ten coma obxectivo recuperar a tradicional elaboración artesanal do curvado da madeira con lume e auga tal e como facían os nosos antergos, e cubrir a crecente demanda de instrumentos das diversas escolas dependentes do padroado: bandas de gaitas, grupos de baile…

Nesta exposición puidemos ver instrumentos como pandeiretas, bombos, pandeiros e pandeiras, castañolas, tambores, axoúxeres… así coma outros menos coñecidos coma a carraca, o peitoque, as tarrañolas….

Aprendimos moitas cousas sobre eles e a súa elaboración e ademais puidemos tocar algún.

Pasámolo moi ben. Encántanos a música!.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.