Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Charla sobre Transplantes para 3º e 4º ESO

O Colexio CPR La Salle-Ferrol 20140327_131158leva anos colaborando coa Oficina de Coordinación de Transplantes (OCT) da Xunta de Galicia. Este ano 2013-14 volveuse dar información da necesidade de SOLIDARIEDADE co resto da sociedade neste aspecto tan altruísta e vital, coma é a doazón de órganos. Participaron os alumnos de 3º e 4º da ESO.

Viñeron o doutor Antón e o señor José Manuel. O Dr. Antón é o coordinador dos transplantes que se fan na comunidade autónoma de Galicia. O Sr. José Manuel é un paciente que fai trece anos se someteu a un dobre transplante, de fígado e de páncreas:

A sesión realizouse o xoves 28 de marzo ás 12:20  no salón de actos do colexio. Dividiuse en tres partes:

A primeira parte foi unha exposición do Dr. Antón, quen expuxo a situación actual das doazóns e transplantes que hai en España e en Galicia en especial. Puxo exemplos prácticos de transplantes e doazóns. A mensaxe que se transmitiu é que se trata dun acto altruísta que salva vidas, e que algún día poderemos ser nós os que precisemos da axuda dos demais. Este feito de colaboración é anónimo e totalmente gratuíto. As doazóns de órganos poden ser de persoas falecidas ou incluso, nalgúns casos, entre persoas vivas, coma a doazón de sangue ou médula.

A segunda parte foi a exposición das vivencias dun paciente transplantado. Sobre todo o cambio de mentalidade cando a un lle din que ten días de supervivencia.

A terceira parte foi de preguntas dos alumnos.

Ao finalizar contestaron unha enquisa para o Centro de Transplantes de Galicia.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.