Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Excursión de fin de curso 3º y 4º de ESO Curso 2010-11

La excursión que realizarán los alumnos de 3º y 4º de la ESO a Madrid tendrá lugar la primera semana de Mayo

Duración: 5 días

Día 1º FERROL – SEGOVIA – LA GRANJA DE SAN ILDEFONSO – GETAFE

Salida a las 07 h. por autovía Lugo – Tordesillas hacia Segovia. Breves paradas en ruta y llegada sobre las 14 h. Tiempo a vuestra disposición para visitar esta antigua ciudad romana en la que sobresalen su incomparable Acueducto romano, el Alcázar, la Catedral, Plaza Mayor, … Sobre las 17:30 h. traslado a La Granja de San Ildefonso. Posibilidad de visitar los hermosos jardines de su Palacio Real y sobre las 18:30 h. reanudación del viaje a Getafe. Acomodación en Bungalows Alpha. Cena y alojamiento.

Día 2º MADRID

Desayuno tipo buffet y a las 09:30 h. traslado a Madrid. A las 10 h. visita panorámica de la ciudad con guía local( 3 h.): Gran Vía – Cibeles – Paseo de la Castellana – Estadio Santiago Bernabeu – Parque Retiro – Puerta del Sol – Madrid de los Austrias – … Almuerzo en restaurante Museo del Jamón y por la tarde visita por vuestra cuenta del Museo del Prado. Al finalizar la misma visita del Estadio Santiago Bernabeu. Regreso al camping. Cena y alojamiento.

Día 3º ZOO – AQUARIUM – PARQUE DE ATRACCIONES

Desayuno buffet frío. Traslado al Zoo-Aquarium y mañana a vuestra disposición para visitar el Delfinario, Aquarium, Aviario, … con más de 5.000 animales de 500 especies diferentes. Almuerzo en restaurante del parque y tarde a vuestra disposición para disfrutar de las instalaciones del Parque de Atracciones. Regreso al Camping. Cena y alojamiento.

Día 4º WARNER BROS PARK

Desayuno y a primera hora traslado a San Martín de la Vega donde esta enclavado el Parque Temático WARNER BROS, considerado como uno de los mejores de Europa. Entrada válida para el disfrute ilimitado de sus numerosas atracciones Y ticket de almuerzo en un restaurante. Regreso al hotel. Cena y alojamiento.

Día 5º GETAFE – AVILA – TORDESILLAS – FERROL

Desayuno buffet frío y salida a las 08:30 h. hacia Avila, mejor ejemplo de ciudad medieval amurallada de Europa. Visita y a las 12 h. continuación a la histórica Tordesillas. Almuerzo en Rte. Los Toreros y tiempo libre para visitar su típica Plaza Mayor, situada a uno 300 m. del restaurante. Sobre las 16 h. reanudación del viaje por autovía Astorga – Lugo hacia nuestra ciudad. Breve parada en ruta y llegada sobre las 21:30 h.

 

FIN DEL VIAJE

EXCURSIÓN FINAL DE CICLO 3º E 4º ESO

LUNS 2 MAIO

 Saímos ás 7 da mañá. Aínda que madrugamos moito ningún tiña sono. Falamos moito, escoitamos música, vimos varias películas…non houbo tempo para durmir. Cando nos decatamos, xa estabamos en Segovia.

Segovia é un lugar marabilloso. Ten cousas preciosas: un acueducto romano, un alcázar, bonitas paisaxes e unha enorme catedral. Estivemos pouco e quizais quedaron cousas sen ver, pero é un sitio que paga a pena visitar e estou segura que hei volver con máis tempo.

 Carla López Martínez 4º ESO

 

Arredor das 17:30 chegamos á Granxa de San Ildefonso, e non pensedes que é unha granxa de animais, non, é un Palacio Real estilo Versalles, onde no seu tempo paseaban os reis, raíñas e a súa corte.

Os xardíns de San Ildefonso son un sitio precioso no que hai unha gran variedade de prantas e árbores. Contan cunha gran extensión de camiños, lagos e fontes con dragóns e seres mitolóxicos

Erik Yáñez Varela. 4º ESO

 

Despois deste paseo e tras un día moi longo subimos ao bus desexando chegar a onde iamos durmir esta semana, o Cámping Alpha en Getafe. Unha vez alí, instalámonos nos nosos bungalows e fomos cear.

Case tiñamos unha rúa para nós, con pequenas casiñas con baño, cociña, salita e porche.

MARTES3 MAIO

 

Tivemos que madrugar un pouco porque tiñamos que estar na Praza de España de Madrid ás 10 da mañá para unha visita panorámica da cidade, e antes tiñamos que almorzar (almorzo buffet)

Na visita turística acompañounos un guía, ensinounos un pouco o centro de Madrid e foinos dando datos como o uso que se lle daban a algúns edificios, a data de construción a importancia que tivo no pasado e a que ten na actualidade…

Estivo moi ben, pasamos pola Cibeles. Non había moito que ver alí pero bueno… aínda que a fonte estaba cercada, os madridistas non tiveron nada que celebrar esa noite contra o Barça. Tamén vimos a Estación de Atocha, o monumento polas vítimas do 11-M, a Porta de Alcalá, o edificio Metrópolis, a Praza de Colón, o Parque do Retiro, o Vicente Calderón, estadio do Atlético de Madrid, A fonte de Neptuno, o hotel Ritz e moitos lugares máis. Logo camiñamos pola Catedral da Almudena, a Porta do Sol, a Praza Maior, a Gran Vía, e ata nos deu tempo de mercar algún recordo. O guía explicounos a historia de cada un daqueles lugares e foi moi interesante.

Despois xantamos no Restaurante Museo do Xamón, onde chegamos xusto a tempo porque durante a comida diluviou tanto que semellaba Galicia.

Jacqueline Arnosi Loureiro(4º ESO) eDavid Moreira Salido (3º ESO)

 

Despois de comer e cando xa pasou o chaparrón, camiñamos ata o Museo do Prado. Polo camiño tivemos tempo de tomar un café e chocolate quente no Starbucks Café, que por certo estaba atestado de xente.

Xa no museo, gustáronnos moito os cadros e as esculturas expostas, en especial os cadros dos pintores Goya, Velázquez, Rubens, El Greco …pero hai moitísimos máis.

Chamounos a atención os cadros ‘Saturno devorando ao seu fillo’ (Goya) e ‘As Meninas’ (Veláquez).

A visita fíxose un pouco curta porque hai moito que ver e non tíñamos todo o tempo que quixeramos para pararnos detidamente con todas as obras.

Marcelo Brage Horjales, 4º ESO

 

Xa cansos de tanto camiñar, encaramámonos no bus cara o Santiago Bernabeu. A nosa visita ao estadio foi unha das mellores cousas que fixemos en Madrid. Aínda que sexa o campo do Real Madrid, todo o mundo ten que admitir que é o mellor campo do mundo. Ver o estadio dende fora impresionaba pero, cando entramos, quedamos coa boca aberta: ver miles e miles de butacas, un campo tan ben coidado, os vestiarios, os banquillos…todo era alucinante. E nós estábamos alí.

Na sala de Prensa do Madrid sentímonos como Mourinho por un intre, e foi moi divertido. Outra das mellores cousas do Bernabeu foi a súa tenda que, aínda que era moi cara, había cosas que antes nunca vira: todo ripo de roupa, calzados, maletas, botas, tenis e una planta completa da marca Adidas. Os profesores case tiveron que sacar algún que outro a rastras porque senón quedabamos para sempre alí…

 Eduardo Pol Correa 4º ESO

4 MAIO MÉRCORES

 

Ás 10 chegamos ao zoo que está na Casa de Campo de Madrid, moi preto do Parque de Atraccións.

Alí pasamos a mañá. Había moitos animais distintos, todos os que poidas imaxinar ( máis de 5000 de 500 especies distintas), dende animais salvaxes como leóns, guepardos, camellos… ata domésticos: coellos, burros, galiñas…

Tamén hai un acuario onde puidemos ver o impresionante espectáculo dos golfiños, pero tamén hai un reptilario e un aviario.

Algúns de nós tamén probamos a camiñar pola auga metidos en bolas plásticas. Un pouco de exercicio pola mañá non vén nada mal…aínda que cansa moito.

Pasámolo xenial vendo os animais e os espectáculos das aves, dos leóns mariños…O único malo era que cheiraba un pouco mal, a animal…

 Alberto Tojeiro Ferreiroa e Celia Moreno Rodeiro 3ºESO

 

Despois disfrutamos das instalacións do Parque de Atraccións de Madrid. Ao pouco de chegar, fomos ao restaurante para xantar. Tiñamos buffet libre así que moitos collimos canto quixemos do que quixemos…Para montar nalgunha das atraccións tivemos que esperar por medo a que nos fixera mal ao xantar tanto.

O parque aínda que é grande non é tan grande, non ten espectáculos, nin está ambientado como o da Warner, pero ten moitas atraccións distintas para grandes e pequenos. Hai diferentes montañas rusas, voadoras xigantes, atraccións de auga nas que saes pingandiño… Os máis hipocondríacos quedaron en terra sacándonos bonitas fotos. En resumo, todo diversión.

Despois de pasar a mañá no zoo-acuarium e case toda a tarde no parque de atraccións, leváronnos ao centro comercial “Isla Azul” camiño do camping. Deixáronnos tempo libre para ir mercar polas tendas roupa, calzado e os últimos agasallos para os nosos. Dixéronnos que o centro era dos máis grandes da zona, estaba moi ben decorado e tiña unha gran cantidade de establecementos…

Pasámolo moi ben, enchimos un pouco máis as maletas e vaciamos xa case por completo as carteiras.

Marta Salutregui López, 3º ESO

 

 5 MAIO XOVES

 

O Xoves puidemos durmir ata máis tarde porque Warner Bross non abría as súas portas ata as 11, e o noso cámping estaba relativamente preto del.

É un gran parque temático, está considerado un dos mellores de Europa e a súa entrada é válida para o disfrute ilimitado das súas numerosas atraccións, ou sexa, que podes subir cantas veces queiras e ademais case non había que esperar porque non había colas. É moi seguro, e ten atracción para todos os gustos, para grandes e para pequenos.

Na hora de xantar, coa entrada déronnos un ticket para comer no restaurante que máis nos apetecera segundo os nosos gustos: pizzas, ensaladas, hamburguesas o parrillada.

As atraccións que máis me gustaron foron as acuáticas e as montaña rusas. A miña preferida é ‘Superman’, é insuperable e a intensidade da atracción é moi forte.

Foi un día marabilloso e unha experiencia moi divertida na compaña dos nosos compañeiros. Colexio La Salle, gracias pola excursión!

 Gabriella Souza de Lima e Alexis Padín Barreiro 3ºESO

6 MAIO VENRES

 

A semana foi moi larga e intensa, e aínda que xa tíñamos as maletas lista da tarde anterior, a noite foi moi larga e tivemos que madrugar moito. Ás 8.30 xa estabamos saíndo do camping. A viaxe de volta fíxosenos moi curta porque estivemos durmindo case todo o camiño.

Fixemos tres paradas:

  • A primeira foi en Ávila. Esta vila medieval está toda rodeada por murallas cunha pequena catedral no medio. Paseamos polas súas rúas, vimos os seus monumentos principais e percorrimos parte das súas murallas. Logo paramos nunha cafetaría porque ía moito frío. Estabamos demasiados cansos como para poder disfrutar da cidade por completo, pero é moi bonita e merece a pena visitala.
  •  Despois paramos en Tordesillas onde xantamos no restaurante Os Toreiros, un sitio moi elegante onde xantamos ensaladilla, carne asada con patacas e tarta de postre. Todo moi rico.
  •  A derradeira parada foi en Valcarce, para que o chófer e nós descansaramos un pouco de tanto bus. Esta vez o descanso fíxosenos eterno porque xa tiñamos ganas de volver a poñernos en camiño e chegar a casa para ver aos nosos

 

Elena Rivas Rivas e Marco Barro Senra. 4º ESO

 

Na excursión de final de curso, visitamos uns sitios chulísimos, coñecimos mellor os nosos compañeiros, divertímonos moitísimo, en resumo, unha experiencia marabillosa e inesquecible: é o broche de ouro para culminar o noso paso polo colexio. Recoméndolla a todo o mundo. Non vola podedes perder.

Galería de imaxes

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.