Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Programa Solidariedade 2010-2011

No Centro La Salle está a desenrolarse, desde o luns día 15 de novembro e durante toda a semana o Programa Solidaridade en Secundaria, en colaboración co concello de Ferrol e DINAMO.

Trátase dun programa de intervención educativa, concretamente na área de Educación para o Desenvolvemento, tendo en conta a realidade dos mozos e mozas de Ferrol, e tratando de dar continuidade aos proxectos xa levados a cabo no centro educativo.

O programa desenvólvese a través de obradoiros educativos. Así, os grupos de 1º, 2º e 3º da ESO trabállase o coñecemento e a promoción dos valores participativos, partindo do entorno máis cercano (centro educativo, barrio, concello) co obxecto de fomentar a creación dunha cidadanía implicada no seu entorno social, para ir avanzando nos contados de cara á sensibilización coa situación que se está a vivir neutros lugares do mundo, así como o coñecemento da realidade Norte/Sur.

Os contados temáticos son os seguintes:

  • 1º ESO: A participación. Habilidades sociais de educación para a paz e participación na sociedade.
  • 2º ESO: O asociacionismo e o voluntariado. Coñecemento dos sistemas participativos no noso entorno, así como o desenvolvemento dos valores e habilidades que promovan esta particiación.
  • 3º ESO: A solidaridade e a cooperación. Coñecemento da realidade Norte/Sur e promoción dunha conciencia crítica cara a nosa responsabilidade nesta división mundial. Obxectivos do milenio.

O alumnado destes cursos realizará un Certame fotográfico escolar, con temáticas relacionadas coa solidariedade e a cooperación.

O alumnado de 4º de Secundaria traballará desde unha perspectiva crítica o coñecemento das diferentes realidades que na actualidade se están a vivir nos países do Sur, desde unha visión global, tendo en conta as súas causas, os axentes implicados ou as consecuencias que isto ten a nivel mundial. Concienciando sobre os dereitos humáns e o desenvolvemento sostible do noso planeta.

A pobreza extrema, os conflitos bélicos, as discriminacións raciais e culturais, os fenómenos de ocupación, ou as poboacións desprazadas, a situación da muller e da infancia… son algunhas das realidades sobre as que se afrontará o traballo na aula.

No noso centro o traballo centrarase en “As poblacións indígenas no mundo”.

Co alumnado de 4º promoverase a creación dun Concurso de guións para a posterior creación de curtametraxes e videocreacións. Certame de curtas escolar.

Galería de imaxes:

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.