Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Semana das Ciencias

Durante a semana do 27 ao 31 de xaneiroIMG-20140212-WA0001 levouse a cabo a Semana das Ciencias na ESO, que este ano versaba sobre as “Augas das praias”.

O luns participaron os rapaces de 1º e 3º, ben cediño para poder facer un experimento coa maior escuridade posible. Os alumnos de 2º e 4º fixeron as actividades durante o mércores.

As actividades eran diversas segundo o nivel. Pero había actividades comúns. O Irmán Pablo preparou unha disertación en PowerPoint sobre as augas e os contaminantes das mesmas. Salientar que tan só o 3% das augas son doces, e menos dun tercio son superficiais, accesibles ao ser humano. Trátase dun recurso moi limitado que debemos coidar.

Preparáronse mostras para observalas nun microscopio óptico. Poidemos observar diferencias macroscópicas e microscópicas entre augas potables e contaminadas. Salientar que se fixo un microscopio empregando tan só auga e un punteiro láser.

Tamén se preparou un filtro de augas, a base de areas e grava. Previamente descontaminouse a auga de microorganismos empregando lixivia (a falta de cloro).

Houbo prácticas que maravillaron aos alumnos, posto que cun vaso cheo de auga e cun papel, ao darlle a volta non vertía. O Irmán Pablo parecía un mago vestido coa bata branca de laboratorio.

Tamén apostamos cantas gotas cabían dentro dunha moeda de 5 céntimos, e se se afundía unha coitela de afeitar. Queres tamén ti apostar?

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.