Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

O Día da Paz no noso Centro

2014_01_30 12_28_24 5696O día 30 celebramos toda a Comunidade Educativa do colexio La Salle de Ferrol o Día da Paz. Reunímonos todos os cursos do colexio e da escola de infantil, xunto coas familias que se achegaron ata o noso Centro, para conmemorar o citado día.

O día estivo adicado, como non podía ser doutro xeito, a Nelson Mandela polo seu recente pasamento. Todas as clases do colexio traballamos diferentes frases que Mandela pronunciou ao longo da súa vida e que nos serven para reflexionar sobre os dereitos das persoas. Metimos todas esas mensaxes en globos cheos de helio para que chegasen o máis lonxe posible.

Fixemos un lema por clase e limos un manifesto de Paz en nome de todo o Colexio.

Non podía faltar a música e tamén cantamos «Que no brillen las estrellas» do grupo Getsemaní.

E como colofón convidamos aos pais que quixeron a un café mentres agardaban polos pequechos xa que o día non acompañaba polo frío.

Un día diferente vivido con ilusión. Velaquí podedes ver as fotos.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.