Tarde de terror na ESO
Este ano, como novidade fixemos unha velada nocturna de terror cos alumnos da ESO. Aproveitamos que escurece un pouco antes para ver unha película de medo no salón de actos e facer «unha visita turística» en pequenos grupos polo colexio na que había unha espesa néboa e toda unha serie de personaxes, dentro e fóra do colexio, esperando para «saudar» aos nosos benqueridos alumnos.
A actividade resultou moi entretida e pasámolo «de medo». Como remate tivemos un chocolate quente e uns biscoitos que nos serviron para quecer o corpo e espantar o medo cunhas risas todos xuntos.
Queremos agradecer a colaboración de ex-alumnos que participan en Sallejoven que se brindaron a axudar nesta actividade. Estamos esperando á do próximo ano.
Velaquí as fotos da actividade.