Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Animación Lectora

Na biblioteca do centro escolar La Salle estivemo015s a celebrar a campaña de animación lectora de outono. Así, durante dez días, do 21 ao 31 de outubro, desenroláronse neste espazo dúas actividades (a árbore dos libros e o apadriñamento lector) festexando con elas o día da biblioteca “24 de outubro”.

Así, ao longo destes días o alumnado do centro compartiu diversos momentos de lectura a través do apadriñamento lector. Esta actividade consistiu en que un alumno/a maior “apadriña” a un alumno/a de menor idade, acompañándoo á biblioteca escolar e escollendo e contando un conto para ese neno/a. A actividade desenrolouse por parellas, excepto o alumnado de 4º de ESO, que apadriñou a grupos de alumnos e alumnas de 2º ciclo de primaria e un grupo da escola de infantil e de 3º de ESO que apadriñou tamén a un grupo da escola de infantil.

O resultado foi extraordinario, tanto para os pequenos (que prestaron unha atención exquisita para os seus novos «compañeiros»)  como para os maiores (que achegaron unha carga extra de responsabilidade no seu labor de lectura e motivación).

Ademais, ao longo destes días, o servizo de empréstito de libros para o alumnado incluiu unha “folla de árbore”, para que os/as lectores/as plasmasen nelas os debuxos ou historias que a lectura lles inspirase. Unha vez de volta, xa na biblioteca, o alumnado pendurou as follas na árbore dos libros.

Velaquí as fotos de como resultou a actividade.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.