Cara ao mar 2013
A nosa revista e memoria escolar Cara ao mar, está xa lista para ler en papel, que se entregará a todas as familias, e en formato electrónico, por internet, nesta páxina web. Con moitas fotos e informacións de todas as etapas educativas do Colexio, recolle os aspectos máis importantes do curso 2012-2013, preto a rematar. Nela colaboraron todos os profesores e clases, polo que é un fiel reflexo do noso traballo e estudo.
Como no pasado ano, tedes dúas posibilidades para ler a revista en internet, con cores:
- Facendo uso do visualizador, que permite ler a revista dun xeito similar ao papel.
- Descarregando o arquivo en PDF de alta calidade.
- Tamén hai unha versión especial para móbiles e tabletas con sistemas Android e iOS de Apple.
Esperamos sexa do voso agrado. Grazas a todos os que fixeron posible ter unha revista tan xeitosa!