Comunicándo-nos
O Colexio La Salle de Ferrol convídate a participar no proxecto «Comunicándo-nos»
O proxecto está dirixido a todos os pais e nais interesados en debatir e compartir as súas experiencias sobre a crianza e educación dos fillos. Coordinado e dirixido por unha psicóloga do equipo de Aspaneps responsable do Programa de Saúde Mental Infanto-Xuvenil da Área Sanitaria de Ferrol.
Como en anteriores edicións seguiremos profundizando no labor dos pais/nais como referencia do crecemento e maduracióndos/as fillos/as na sociedade actual compartindo experiencias e aportandoxeitos de afrontar o día a día.
Estes son os temas que se van tratar:
- Pais e fillos ¿Crise de autoridade?
- Acceso ás novastecnoloxías ¿Quen coida de quen?
- Momentos críticos nocrecemento dos fillos
- A infancia hoxe. Factores de protección
- ¿Qué se está a facer na prevención das adiccións?
As xuntanzas terán lugar os xoves en horario escolar (16.00 / 17.30 horas) na Biblioteca do centro os seguintes días (20 – 27 de outubro e 3 – 10 e 17 denovembro).
¡Apúntate e participa!