Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

A Semana das Ciencias no Colexio

A semana que vén celebrarase no Colexio ciencia2520divertidaa Semana das Ciencias e aquí podedes ver o calendario e as temáticas que se van tratar cos nosos alumnos.

SEMANA DAS CIENCIAS 2012-2013

PROTEXENDO O MEDIO CAMBIAMOS A VIDA

VOZ NATURA

 

Temáticas:

Nas etapas iniciais (Educación infantil) descubriremos a variedade existente de plantas. Así como as necesidades das árbores con respecto ao sol, a auga e o ar. Tamén veremos para que serven as árbores.

No 1º ciclo de Primaria falaremos sobre o coidado do medio ambiente e profundizaremos no coñecemento das plantas.

  • A diversidade: herbas, arbustos, árbores…
  • As partes da planta. A estructura das árbores (raíz, talo e follas). Observación.
  • As necesidades para o crecemento (comprobación experimental).

No 2º ciclo de E. Primaria centrarémonos na nutrición e reprodución das plantas. Faremos un estudo experimental e veremos as necesidades das plantas.

  • Coñeceremos a estructura externa e interna das árbores. Cortes transversais.
  • Asimesmo realizaremos unha observación experimental da morfoloxía da flor.

No 3º ciclo de E. Primaria traballaremos sobre a fotosíntese e a reprodución das plantas.

  • Faremos un estudo experimental e veremos as necesidades das plantas.
  • Coñeceremos as partes da árbore a súa finalidade e función. E veremos a estructura microscópica de cada parte.
  • Ademais, veremos cambios físicos e químicos a través da experimentación co xeo e a elaboración dunha bebida isotónica.

Na Secundaria veremos:

  • Experiencia sobre a fotosíntese. A respiración das plantas.
  • Extracción da clorofila. Separación dos compoñentes. Estudo experimental da marcha dos líquidos na árbore. Estudo microscópico da estructura das partes da árbore.
  • Obradoiro de recoñecemento das árbores autóctonas.
  • Estudo e reprodución analóxica da choiva áceda.
Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.