Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Aos pequenos do cole, visitounos o «Apalpador».

O apalpador  (18)Hoxe tiñamos unha sorpresa. As mestras dixéronnos que recibiríamos a visita dunha persoa especial. Mandáronnos sacar un zapato e deixalo na porta, fora das clases.

Ao pouco chegou Dora, unha moza do Caurel. Contounos o conto de «Antón e o Apalpador». Antón era un neno de Ferrol que foi visitar a súa tía ao Caurel no Nadal. Alí,  Antón atopouse co Apalpador ou pandigueiro, un persoaxe galego de barba e pelo vermello que antigamente baixaba polas montañas cada ano polo Nadal para lles deixar castañas quentes á xente que pasaba fame todo o ano. Seguindo a tradicción, todos os anos deixalles castañas e agasallos aos nenos.

Ao rematar o conto, levámonos unha sorpresa ao velo entrar pola porta. Saudóunos e cando fomos  a despedilo, vimos que nos deixou nos zapatos agasallos, ademáis dun conto, castañas, e unha tarxeta co seu debuxo.

Gracias Apalpador!  Esperámoste o ano que ven!

 

 

 

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.