Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

3º de Primaria na aula de ecoloxía urbana

O xoves, 22 de novembro, tocounos ir aos de 3º de E.P. á Aula de Ecoloxía Urbana. Fixemos o mesmo obradoiro que os de 4º: Flora da nosa cidade.

Sonia, a educadora, a verdade é que explicou todo moi ben dun xeito moi sinxelo.

Fomos os 25 e ademais da titora Conchi, foi connosco Bea, que é a profe que está facendo prácticas no noso colexio.

Foi un obradoiro moi interesante e divertido porque nós, que non coñecemos as árbores nen identificamos as súas follas, xogando, eramos quen de facelo.

Así soupemos como é una folla de carballo, de eucalipto, de camelio, de piñeiro,… e tamén aprendimos o que é un peciolo, a face e o envés da folla,  a diferenciar follas simples de follas compostas,…

E para rematar tivemos que ser creativos e calcamos follas nun folio dun xeito moi orixinal.

Pasámolo moi ben  e tamén tivemos un ratiño antes de regresar ao cole, para facer o recreo no Parque Raíña Sofía na compaña dos pavos reais.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.