Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

4º de EPO na Aula de Ecoloxía Urbana

A mañá do martes 20 de novembro os alumnos de 4º de E.P.O visitaron a Aula Ecolóxica Urbana para realizar un obradoiro sobre a Flora da nosa cidade.

Dispostos por grupos tiñan que identificar, seguindo unha serie de datos, as diferentes follas de árbores para dar co nome de cada árbore correspondente. De seguido debuxarían a folla co nome da árbore debaixo nun folio. Gañaba o primeiro que lograse identificar  as dez  árbores.

Na segunda parte do obradoiro tiñan que calcar nun folio as follas que eles quixesen. A verdade é que saíron debuxos sorprendentes e moi fermosos.

A visita foi moi enriquecedora . Disfrutaron tanto das actividades realizadas que cando se deron conta xa tiñamos que volver ao colexio. Unha mañá moi divertida!

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.