Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Actividades en Educación Física ESO

Álvaro Illobre e outros tres integrantes do Basketmi, acudiron ás instalación do noso colexio e fixéronnos unha demostración do uso das cadeiras de rodas, ademais do regulamento da súa modalidade deportiva. Os rapaces de 4º e 1º da ESO tiveron ocasión de xogar uns partidiños e dixeron que a experiencia foi moi interesante e divertida. Resulta moi interesante para o noso centro contar con xente da calidade humana e deportiva coma Álvaro, xa que acaba de estar participando no campionato do mundo e recentemente acadou o posto 87 no ránking mundial de Tenis en Cadeira de Rodas. Moitas grazas e felicidades a todos eles.

Os alumnos de 1º de ESO acudiron ao Pavillón Polideportivo de Caranza a facer unha clase práctica cos alumnos do ciclo TAFAD do Instituto Rodolfo Ucha, dentro das súas prácticas formativas. A sesión que lles fixo unha rapaza foi de baloncesto. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física do citado centro.

Os alumnos de 3º de ESO, como ven sendo habitual, recibiron unhas sesións prácticas cos alumnos do módulo de TAFAD, este vez dentro do Instituto Rodolfo Ucha. A actividade feita ese día foi sobre o Hockey e o Fútbol.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.