Animación Lectora en Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria
O día 6 de Xuño, os nenos e nenas de Educación Infantil e Primer Ciclo de Primaria tivemos na biblioteca do colexio unha animación lectora en galego, do conto: «A Princesa Sabela», a cargo do contacontos Ourensá, Iago.
A historia trataba dunha nena que cansa de ser princesa, decide desfacerse da súa coroa e do que conlevaba (non podía xogar, nin facer nada coma os outros nenos porque as princesas non se manchan, soamente saudan e están guapas). Acata tres castigos do seu pai, o rei, que por suposto non estaba dacordo co seu comportamento.
Doncelas, cabaleiros, reis, raiñas, coroas, osos e lobos forman parte desta marabillosa historia que nos deixa a mensaxe de que temos que aceptar as persoas como son, cos seus ideales, baixo a bandeira do amor e agarimo incondicional dos pais aos fillos.
Pasamos un rato moi divertido e incluso axudamos a Iago co conto facendo todos os xestos que el nos pedía. ¡Xa veredes!