Get Adobe Flash player

Xestor educativo

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Axudas para a adquisición de Libros de Texto 2012-2013

Presentámosvos a solicitude das axudas para adquisición de libros de texto para o vindeiro curso 2012-2013.

Dadas as novidades que este ano se introduciron, facémosvos chegar esta nota informativa para que nos próximos días entreguedes a devandita solicitude cumprimentada e poder así tramitala no centro na aplicación informática correspondente o antes posible.

Recordámosvos que os prazos de presentación das solicitudes son os seguintes:

  • EP: 2 de xuño ao 2 de xullo
  • ESO: 25 xuño ao 26 de xullo (prazo ordinario)
  • ESO: 1 de setembro ao 1 de outubro (prazo extraordinario)

A solicitude será entregada na secretaría do colexio, xunto a documentación requerida.

Estas son algunhas aclaracións a ter en conta á hora de cumplimentala solicitude:

Contía das axudas:

Educación Primaria:

Familias monoparentais:

  • Renda per cápita familiar ata 6.000€: 170 €.
  • Renda per cápita familiar dende 6.000,01€ ata 9.000€: 90 €.

Resto das familias:

  • Renda per cápita familiar ata 5.400€: 170 €.
  • Renda per cápita familiar dende 5.400,01 € ata 9.000 €: 90 €.

Educación Secundaria:

Familias monoparentais:

  • Renda per cápita familiar ata 6.000€: 180 €.
  • Renda per cápita familiar dende 6.000,01€ ata 9.000€: 104 €.

Resto das familias:

  • Renda per cápita familiar ata 5.400€: 180 €.
  • Renda per cápita familiar dende 5.400,01 € ata 9.000 €: 104 €.

Educación Especial: 250 €.

O alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

Renda per cápita familiar:

Renda familiar (casilla 455+465) divida entre o número de membros da unidade familiar computables.

Nesta convocatoria terase en conta o exercicio fiscal do 2010.

Documentación que debedes achegar coa solicitude:

  • Solicitude (Anexo I), asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado.
  • Fotocopia do libro de familia completa.
  • No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar: certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%, resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas.
  • No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar, documentación acreditativa.
  • No caso do alumnado de educación especial non será necesaria a presentación de documentación ningunha.

Importante:

Según o artigo 10 da Orde do 30 de maio de 2012, terase en conta que “se o importe dos libros e material e material escolar adquirido é inferior ao valor do vale, o persoal do establecemento deberá introducir no recadro establecido para o efecto a contía exacta da venda; se o importe for superior ao valor do vale a diferenza será aboada polo solicitante. A consellería non asume máis que o importe consignado no vale”.

Tamén terase en conta que “o establecemento receptor dos vales non poderá, en ningún caso, requirirlle á persoa que lle anticipe o importe do vale”.

Por último, cabe destacar que, “o solicitante deberá asinar o vale no momento da recepción do material, dando a súa conformidade aos libros e material escolar entregados, así como, se for o caso, ao importe indicado polo establecemento no recadro establecido para tal efecto”.

Según o artigo 15 da Orde do 30 de maio de 2012, terase en conta que “as axudas concedidas en virtude da presente orde serán compatibles con calquera outra axuda que poida percibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo dos libros e materiais subvencionados. Para estes efectos considérase como materiais curriculares, didáctico e complementario todo o necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou promoven no centro docente”.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.