Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Terceiro día dos alumnos de 6º en Alvarella

Que rápido pasou! Xa estamos na casa!

Hoxe espertamos co son da chuvia no tellado das habitacións e o ruxir dos tronos pero cando saímos para almorzar xa escampara.

Logo de almorzar tocou recoller as habitacións e, con este traballo xa feito, fixemos un obradoiro de elaboración de bolsiñas de prantas aromáticas. Primeiro demos un paseo con Laura por distintos rincóns de Alvarella recollendo as prantas, ao mesmo tempo que ela nos explicaba as súas propiedades, e despois cada un escolleu as que máis lle gustaron para facer a súa bolsiña.

Xa co sol petando en firme tivemos tempo para xogar antes de xantar. Hoxe tocou ensalada de pasta, filete de polo empanado  con patacas e xelado.

De sobremesa fixemos uns bailes na palleira e uníronsenos os rapaces do colexio de Quiroga, moitos deles xa bos amigos nosos.

Antes de marchar fixemos unha avaliación da estancia e a continuación deixámosvos o que comentamos sobre a nosa experiencia.

O que máis nos gustou de Alvarella foi:

Marcos: Xogar na piscina cos compañeiros.

Yeray: A acollida dos monitores. Os xogos e a convivencia. Aprendín que a aspirina sácase do salgueiro.

Jennifer: Os momentos de piscina xogando cos compañeiros. O obradoiro de estampación de camisetas.

Desirée: Gustoume todo o que fixemos pero desfrutei moito da convivencia cos compañeiros.

Nerea: Aprendín o nome de moitas árbores e cousas sobre elas que non coñecía.

Cristina: A experiencia de durmir coas miñas compañeiras.

Edgar: Xogar ao tenis de mesa. O tempo de piscina cos compañeiros. Boby (un dos cans de Alvarella). Aprendín o que é a simbiose e como se forman deste xeito os liques.

Lorena: Xogar ao tenis de mesa e o xogo nocturno da Caza do Monitor.

Borja: Desfrutei moito con todo.

Joaquín: Paseino moi ben na piscina e aprendín cousas como que o sanguiño é unha árbore «que te cagas» (utilízase para facer laxantes).

Laura Cao: Pasámolo todos moi ben sen pelexar nen discutir.

Verónica: A primeira noite rinme moito coas miñas compañeiras.

Laura García: Aprendín moito sobre a natureza e pasámolo moi ben.

Jonathan: Paseino moi ben na piscina. Gustáronme moito as natillas (repetín tres veces). Gustoume moito facer a bolsiña de plantas aromáticas.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.