Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Primeiro día dos alumnos de 6º en Alvarella

Como ven sendo habitual nos últimos anos os alumnos de 6º de primaria despiden esta etapa compartindo uns días no Albergue de Ecoturismo Alvarella.

Hoxe día 30 saímos ás 10 do noso colexio e, logo dunha breve parada en Alvarella para deixar as bolsas e recoller a comida, marchamos cara ás Fragas do Eume donde fixemos unha ruta de senderismo baixo un fermoso sol e acompañados polas monitoras Laura e Alba que nos explicaron moitísimas curiosidades da flora e a fauna das fragas ademais da historia do Mosteiro de Caaveiro.

Sobre as 6 da tarde regresamos a Alvarella e logo de merendar démonos o primeiro chapuzón na piscina. Aínda nos quedou tempo para facer un forno solar cunha caixa de zapatos antes de cear un caldiño galego moi bo e uns macarróns á boloñesa.

Logo da cea fixemos uns xogos de pistas nunha fermosa noite estrelada e aí polas 12 a durmir que mañá espera outro día intenso. Máis fotos a continuación:

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.