Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Archivo mensual: noviembre 2015

Entrega de bolsas para oncoloxía infantil

A semana pasada, os nosos alumnos de 5º e 6º de EP IMG-20151130-WA0005estiveron confeccionando, xunto coas súas familias, unhas fundas para cubrir a medicación dos rapaces hospitalizados na sección de oncoloxía do hospital de A Coruña. Co compromiso adquirido polo Centro, esta mañá entregaron na farmacia da Avda. de Esteiro un total de 105 bolsas para facilitar un pouco a estadía dos hospitalizados en dito centro hospitalario.

Grande iniciativa dos nosos alumnos, familias e profesorado. Aquí quedan as fotos do momento da entrega dos alumnos de 5º EP en representación de todo o Colexio La Salle.

Sigue leyendo

Premio Carro de Prata da Asoc. Sociocultural ASCM

Nunha gala celebrada este sábado pola noite, IMG-20151129-WA0006o noso Centro foi premiado co ‘Carro de Prata’ pola Asociación Sociocultural ASCM como premio ao noso labor a favor das persoas con diversidade funcional. Na gala contouse coa presenza do conselleiro de Política Social, D. José Manuel Rey Varela, quen foi o encargado de entregar tan prezado galardón xunto co Presidente da ASCM.

Estamos toda a comunidade educativa enormemente honrados por ter recibido tal mención que premia cada dous anos a distintas asociacións ou entidades da nosa comarca e bisbarra que destacan polo seu compromiso coas persoas con diversidade funcional. Este ano, eran sete as asociacións propostas e o xurado, composto por representantes dos medios de comunicación locais e da ASCM, despois de estudar todas as candidaturas, escolleu ao Porto de Ferrol e á Asociación Chamorro como finalistas e ao noso centro como gañador.

Sigue leyendo

Os alumnos de Pasaporte Solidario en Cáritas

Na tarde de hoxe, os  nosos alumnos de IMG-20151127-WA00183º e 4º de ESO, realizaron  unha nova actividade no programa de Pasaporte Solidario que estamos a levar este ano na campaña de voluntariado organizada pola Xunta de Galicia.

Divididos en dous grupos, e acompañados de Tere e Lorena, achegáronse ás instalacións de Cáritas para colaborar na preparación dos paquetes de alimentos que se van entregar a comezos de decembro. Traballaron moi duramente, pero sabendo que o traballo desenvolto era por unha boa causa.

Sigue leyendo

Campaña de Nadal

Obradoiro de creatividade con 5º e 6º de EP

 

Coa intención de ofrecer aos nosos alumnos a mellor IMG-20151126-WA0029oferta educativa posible, esta tarde comezou un novo obradoiro para alumnos de 5º e 6º de EP.

Organizado polo equipo de Orientación do Centro, este «Obradoiro de Creatividade» traballará, dunha maneira totalmente novidosa, a creatividade dos nosos alumnos todos os xoves finais de cada mes de 17:45 a 18:45 h.

Na primeira sesión que se levou a cabo hoxe traballáronse aspectos importantes como a memoria e a coordinación, prepararon unha carta de presentación de cada un deles empregando a técnica de ‘collage’, e o xogo creativo do ‘cadáver exquisito’   para elaborar un texto de maneira cooperativa.

Sigue leyendo

Actividades lúdicas: Obradoiro fotografía e Blog ESO

Na tarde de hoxe continuamos coas actividades20151126_160407 lúdicas para os nosos alumnos de ESO.

A primeira delas é unha actividade novidosa neste curso que é un obradoiro de fotografía dirixido por Mónica. Aprenderán conceptos coma reflex, ISO, abertura, diafragma, distancia focal, exposición, a importancia da luz e convertiranse en auténticos especialistas na fotografía. Esperamos ter oportunidade de observar ao longo do curso algúns dos seus traballos.

Sigue leyendo

Actividade Lúdica de Voz Natura

Na tarde de hoxe, o grupo de alumnos de ESO IMG-20151125-WA0020que pertence a Voz Natura estivo elaborando algo que cómpre ter en todo horto de categoría como o noso… Un espantallo!!!

Moita imaxinación, materiais de bonitas cores, traballo duro, e aí está. Xa temos o espantallo preparado no horto para que non se achegue nin un paxaro a comer as súas sementes…

Sigue leyendo

3º ESO en contra dos Malos tratos e Discriminación de xénero

Os nosos alumnos de 3º de ESO e a súa titora IMG-20151125-WA0011estiveron participando, esta mañá, nunha serie de actos organizados desde a Casa da Muller do Concello de Ferrol en contra dos Malos tratos e da Discriminación de xénero co gallo do Día Internacional da Eliminación da violencia de xénero contra a muller .

Englobada esta actividade no PAR do seu curso, a participación dos nosos alumnos foi diversa: nun primeiro momento participaron nun obradoiro relacionado coa exposición «Cartas de amor» na Casa da muller, que colabora coa Secretaría Xeral de Igualdade, en contra dos malos tratos e a discriminación de xénero.

Sigue leyendo

Aprender a ser solidarios es «justo y necesario»

Loa alumnos de 5º y 6º de EP, IMG-20151125-WA0002en colaboración con sus familias, se han unido a una acción solidaria promovida por la coruñesa Patricia Campos, cuyo objetivo es crear fundas con las que cubrir la medicación de los pacientes infantiles de oncología, haciendo así  más llevadera su estancia.

Creemos que estas acciones son necesarias porque acercan a nuestros alumnos/as a la realidad que viven estos niños/as. Además podemos enmarcar esta acción dentro de nuestro lema del año con el que intentamos que nuestros alumnos/as conozcan, interpreten y transformen la realidad, porque es «justo y necesario».

Sigue leyendo

¿En dónde te gustaría vivir?

¡Hola a todos!qTipos de casas (2)

Somos los reporteros  de Educación Infantil y estamos haciendo un trabajo de investigación sobre los tipos de casas. Nos estamos planteando esta gran cuestión: ¿Dónde nos gustaría vivir? Es una pregunta relacionada con la Unidad Didáctica que estamos trabajando. Y como no lo tenemos claro, necesitamos vuestra ayuda.

Y nos os penséis que solamente es algo que hicimos en el cole, en casa, nuestras familias nos han ayudado a buscar información en revistas sobre los tipos de viviendas que existen en el mundo. Gracias a ellas, pudimos observar en clase las imágenes y hablar, sobre la gran diversidad que existe y los factores que influyen en un tipo de construcción u otra. Además, las profes, también nos han enseñando bits de información sobre muchas casas diferentes del mundo. Sigue leyendo