Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Archivo mensual: mayo 2012

Primeiro día dos alumnos de 6º en Alvarella

Como ven sendo habitual nos últimos anos os alumnos de 6º de primaria despiden esta etapa compartindo uns días no Albergue de Ecoturismo Alvarella.

Hoxe día 30 saímos ás 10 do noso colexio e, logo dunha breve parada en Alvarella para deixar as bolsas e recoller a comida, marchamos cara ás Fragas do Eume donde fixemos unha ruta de senderismo baixo un fermoso sol e acompañados polas monitoras Laura e Alba que nos explicaron moitísimas curiosidades da flora e a fauna das fragas ademais da historia do Mosteiro de Caaveiro.

Sobre as 6 da tarde regresamos a Alvarella e logo de merendar démonos o primeiro chapuzón na piscina. Aínda nos quedou tempo para facer un forno solar cunha caixa de zapatos antes de cear un caldiño galego moi bo e uns macarróns á boloñesa.

Logo da cea fixemos uns xogos de pistas nunha fermosa noite estrelada e aí polas 12 a durmir que mañá espera outro día intenso. Máis fotos a continuación:

Sigue leyendo

Os alumnos de 4º ESO visitan o Campus de Ferrol

Dentro do programa previsto cada ano para a orientación dos nosos alumnos unha vez rematada a ESO, os alumnos de 4º ESO  fixeron unha visita guiada polo Campus de Ferrol o día 25.

Ás dez da mañá tiveron a recepción no Salón de Actos e asistiron a unha breve presentación do Campus e da UDC. Unha vez rematada, visitaron as facultades de Humanidades, de Ciencias do Traballo, e de Enfermaría e Podoloxía e a Escola Politécnica Superior.

A continuación podes ver máis fotos da visita: Sigue leyendo

Encuentro de zona SalleJoven Galicia y Portugal

El sábado 26 de mayo se celebró en el Colexio La Salle de Santiago el tradicional «Encuentro de Zona» de los grupos cristianos y de SalleJoven de las zonas de Galicia y Portugal. Cerca de 100 personas, procedentes de los colegios de Ferrol, Compostela y Barcelos (Portugal) disfrutamos de un día de convivencia, juegos de amistad y celebración de Pentecostés «animados» por el Espíritu que celebrábamos.

Un buena oportunidad para conocernos y darnos un «hasta luego» para las colonias y campamento de verano en Bujedo (Burgos), durante el mes de julio.

Puedes ver más fotos a continuación: Sigue leyendo

XII Carreira Escolar «Milla La Salle»

O pasado 12 de maio celebrouse nas inmediacións do noso colexio a XII Carreira Escolar Colexio La Salle. A participación superou os 850 atletas, sendo 350 deles nenas e nenos de 2 a 5 anos.

O éxito do evento debeuse á participación desinteresada de moitas persoas: nais da ANPA, entidades colaboradoras, profesores, … Pero unha mención especial merecen os rapaces de Secundaria do noso centro que desde as 8 da mañá traballaron en todos os lugares: preparación do circuito, saídas, liña de meta, zona de obsequios, atención a nenos pequenos, recollida do circuito, … Eles foron a mostra de que no colexio non só se aprenden coñecementos senón que tamén se forman persoas.

A continuación podes ver moitas fotos da carreira: Sigue leyendo

As festas colexiais en Educación Primaria

Na semana do 7 ao 11 de maio celebráronse no noso colexio as Festas Colexiais na honra de San Xoán Bautista de La Salle.

Do luns ao xoves as tardes estiveron ocupadas coas exhibicións das distintas actividades extraescolares que temos no colexio: baile, ballet, canta-baila, guitarra, judo e karate.

Ademais, o mércores un grupo de músicos do Xan Viaño ofreceunos un concerto didáctico que resultou moi divertido e o xoves o Concurso de Talentos concentrou no salón de actos a familias e alumnos para, un ano máis, sorprendernos a todos coas habilidades artísticas dos rapaces.

No mediodía do xoves o noso director foi o pregoeiro das festas que, cunha exhibición de Batuka dos alumnos de 5º e 6º, entraron no seu momento culminante.

O xoves pola tarde chegou a hora de pensar e os xogos de enxeño conseguiron que, grazás ao traballo en equipo, os alumnos de primaria resolvesen sudokus e problemas. Sigue leyendo

Día del Comercio Justo en el Ayuntamiento de Ferrol con PROYDE

El jueves 10 de mayo se celebró en el Ayuntamiento de Ferrol, con la colaboración del Colegio La Salle y de la ONGD PROYDE el «Día Mundial por el Comercio Justo», bajo el lema «Para disfrutar de un buen café no hace falta que termine molido nadie«. El Comercio Justo es una alternativa solidaria de colaboración con los países empobrecidos, puesto que garantiza a los productores unas condiciones de producción y comerciales dignas, permitiéndoles que se conviertan verdaderamente en actores de su propio desarrollo.

En una rueda de prensa, el alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, y el delegado de PROYDE – Ferrol, Jorge Sierra, expusieron los valores detrás del Comercio Justo y la experiencia del Colegio La Salle, reconocido a nivel estatal «Centro Educativo por el Comercio Justo». Después, se ofreció una degustación de productos de Comercio Justo a los presentes, especialmente café. Sigue leyendo

Tarde de festa na ESO

O xoves 10 de maio tivemos unha serie de actividades na ESO co gallo das festas colexiais.

Houbo tres actividades:

Por un lado os alumnos puideron participar en partidos de hockei sobre patíns en liña, algo novidoso e que resultou toda unha experiencia xa que había que conxugar andar sobre patíns (algúns fixeron grandes esforzos para manter o equilibro) e meter a pastilla na portería. O que sí resultou foi que todos se esforzaron moitísimo e resultou moi divertido.

Por outra banda e grazas á colaboración de un antigo alumno, Nacho Cabana, presidente do Club de remo Narón, aportou tres ergómetros nos que os rapaces puideron realizar carreiras virtuais o cal fixo que lles soubesen as cores polo esforzo.

Por último organanizamos os tradicionais torneos de cartas que tamén tiveron unha boa aceptación.

Grande participación nas festas.

Viva SAN JUAN BAUTISTA DE LA SALLE. Sigue leyendo

Concerto do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol

O día 9 de maio, dentro da celebración das festas colexiais, tivemos un concerto didáctico   durante a mañá amenizado polo Conservatorio de Música de Ferrol. Para iso contamos coa colaboración de Sebastián, Miguel, Javier e Pepe que nun ton moi desenfadado, e non exento de humor,  amosaron os seus instrumentos da familia do vento-metal ás distintas etapas do Colexio.

Explicáronnos a historia da trompeta, da trompa, do trombón e da tuba, ademais de amosarnos como soaban sen ningún outro acompañamento. Tamén puidemos escoitar varias composicións con todos os instrumentos xuntos.

As súas explicacións resultaron moi interesantes e co seu humor  fixeron que pasaramos unha parte da mañá moi amena. Despois respostaron a todas as inquedanzas que xurdiron nos rapaces e animaron a todos aqueles interesados na música que se achegasen ao conservatorio para poder informarse e que se inicien neste mundo da música. Sigue leyendo

Santiago Jaureguizar visita 3º e 4º da ESO

A tarde do martes os alumnos de 3º e 4º da ESO recibiron a visita de Santiago Jaureguizar. A visita forma parte do Plan de Animación á Lectura que se está a levar a cabo no Centro, e desde a materia de Lingua galega, os alumnos puideron ler e traballar un dos seus libros A coroa de Napoléon que pertence a unha saga que narra as aventuras dun detective adolescente (Tintimán) que desempeña o seu traballo por distintas cidades galegas, mesturando a actualidade con datos históricos sobre elas.

Durante a charla Santiago comentounos sobre o proceso de creación dun personaxe, falounos dos personaxes da súa novela, do seu labor como xornalista e como ten cambiado esa profesión e sobre todo falounos dos seus proxectos entre os que destaca nun futuro non demasiado lonxano que Tintimán visite Ferrol nunha nova novela que está maquinando. Sigue leyendo