Get Adobe Flash player

Xestor educativo

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

ESO

Orde da Xunta para solicitude de máscaras

Adxuntamos a orde que publica hoxe o DOG para a solicitude de máscaras para o alumnado de Primaria e ESO en centros públicos e concertados.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.html

Print Friendly, PDF & Email

A pesar da COVID… celebramos o Samaín.

Xa sabemos, xa. A situación non está para festas e para ningunha celebración. Pero o profesorado do cole tiñamos claro que o noso alumnado MERECÍA poder celebrar esta festa porque, tras horas e horas de clase dando exemplo coas mascarillas, gardando as distancias, desbotando as apertas…, iso, queridas familias, merecía un premio.

Estaba claro que non se podería á maneira tradicional, coas cabazas, todos xuntos no patio, tomando chocolate como en anos anteriores, e que a situación sanitaria condicionaba moito as nosas posibilidades… pero como non hai quen poida con nós, se antes organizabamos un Samaín ao grande, desta volta organizamos 18 pequenos para garantir a seguridade, as distancias, as aulas-burbullas, as mascarillas… Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

¡Vuelve Sallejoven!

Un año más, y a pesar de las circunstancias sanitarias, vuelve #Sallejoven para acompañaros las tardes de los viernes. En este caso, tendremos una versión online de 16.30 a 17.30.

Arrancamos este viernes 23, ¡apúntate en este formulario! https://t.co/RxOTidMbpX

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Agradecemento!!!

Esta mañá incorporáronse os alumnos de 4º de ESO e, por fin,  xa estamos todos. Foi un proceso longo desde as primeiras chegadas na Escola infantil a comezos de setembro ata o día de hoxe. Moita incertidume pola situación social e ante os moitos cambios que houbo que facer no centro para adaptarnos aos protocolos impostos desde a Consellería de educación. Somos conscientes de que esas novidades supuxeron ter que cambiar rutinas que xa tiñamos interiorizadas desde hai moitos anos, e a resposta de familias e alumnado está sendo excepcional.

Agora que xa estamos todos, é o momento de dar as GRAZAS.

Grazas ás familias polo voso apoio e comprensión durante estas semanas no comezo de curso e por cumprir con rigorosidade os protocolos. Sen dúbida algunha, o exemplo que os adultos damos aos nosos fillos é a mellor explicación que se lles pode impartir… e o voso exemplo está sendo de matrícula de honra.

Tamén queremos agradecer a implicación do alumnado. Desde educación infantil ata o último curso de Secundaria dá gusto contemplar o comportamento en clase, nos corredores, nos patios de todos e cada un deles, sendo conscientes da importancia de seguir as normas básicas para protexerse un mesmo e protexer aos demais.

Queremos animarvos a que non baixemos a garda e continuemos, todos a unha, nesta loita que nos tocou vivir neste momento. Estamos desexando poder repartir apertas, chocar as mans, traballar en grupos, achegarnos aos amigos… pero, entre todos, saberemos esperar ao momento axeitado.

Recibide un agarimoso saúdo do profesorado e, novamente, GRAZAS.

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Pautas importantes para o inicio de curso en Secundaria

Antes de saír da casa, cómpre que fagades un autochequeo para ver que estades en condicións de asistir a clase. Se tedes algunha destas sintomatoloxías, NON PODEDES VIR AO COLEXIO e teredes que contactar co voso centro de saúde.

 … Sigue leyendo

AVISO MOI IMPORTANTE

Acábannos de informar desde a Consellería de educación que o INICIO DE CURSO en EDUCACIÓN SECUNDARIA en Galicia SE RETRASA aos días 23, 24 e 25. Inicialmente, seguirase a secuenciación prevista.

Print Friendly, PDF & Email

Benvido/a ao novo curso 2020-21!

Print Friendly, PDF & Email

Alumnos/as con vulnerabilidade por outras patoloxías

Información para familias que teñen fillos/as coa condición de vulnerabilidade por outras patoloxías.

Print Friendly, PDF & Email

Importancia do autochequeo antes de vir ao colexio

Antes de saír da casa para a escola, é moi importante que, pola saúde de toda a Comunidade educativa, profesores e alumnos fagan todos os días este autochequeo e sigan as instrucións en caso de ter algún dos síntomas descritos. #VueltaSeguraAlCole #SomosLaSalle

Print Friendly, PDF & Email

Información Servizo de madrugadores curso 2020-21

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email