Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Voz Natura

Actividade Lúdica de Voz Natura

Na tarde de hoxe, o grupo de alumnos de ESO IMG-20151125-WA0020que pertence a Voz Natura estivo elaborando algo que cómpre ter en todo horto de categoría como o noso… Un espantallo!!!

Moita imaxinación, materiais de bonitas cores, traballo duro, e aí está. Xa temos o espantallo preparado no horto para que non se achegue nin un paxaro a comer as súas sementes…

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Tarde lúdica con Voz Natura

Durante a tarde de hoxe, un grupo de alumnosIMG-20151028-WA0040 coordinado por Lorena e Mª Jesús, achegouse ao Centro para iniciar o programa de actividades que o equipo Voz Natura ten preparado para este curso nas tardes lúdicas.

Aproveitando as datas nas que nos atopamos, os alumnos estiveron esta tarde traballando arreo para preparar, cunha cabaza, unha cabeza para o espantallo do noso horto escolar. Tiveron que botar man de todas as súas dotes coma deseñadores para facer o boceto da súa cabaza e despois amosar a súa maña cando chegou a hora de levala á práctica.

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Tarde lúdica na ESO de Voz Natura (maio)

Na tarde de hoxe o grupo de Voz NaturaIMG-20150527-WA0028 levou a cabo unha actividade diferente. Xuntaron os materiais necesarios e tiveron un obradoiro no que elaboraron tartarugas con goma eva, fío e botellas de plástico. Pode parecer unha cousa simple pero ten o seu aquel, e o pulso e paciencia son elementos imprescindibles. Algún deles pensaron nestes obxectos coma «hucha» na que ir aforrando algunhas moedas para pagar as excursións do próximo curso e colaborar no aforro das familias; outros van dar como agasallo o que fixeron para algún irmán/curmán pequeno, xa que flota e é perfecto para a bañeira e pasar un rato divertido!

Tamén sacaron o horto móbil a dar o seu «paseo» diario e ver como medran as nosas plantas.

Velaquí as fotos da actividade. Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

2ª tarde lúdica en la ESO (abril)

Durante la tarde de hoy, miércoles, (día dedicadoIMG-20150429-WA0025 a Voz Natura) nuestros alumnos de Secundaria han empleado la tarde a realizar actividades varias.

En un primer momento, han regenerado la zona de los huertos colgantes que habían preparado durante el primer trimestre.

Con posterioridad, han aprovechado la buena tarde de sol y agradable temperatura para realizar el plantado de plantas aromáticas: tomillo, romero, perejil… prestando especial atención al regado y la limpieza de la zona.

Por último, estuvieron preparando una zona, (limpiando, abonando y dejándola acondicionada) para que nuestros compañeros de 5º de EP planten girasoles y vayan cogiendo el gusto por la horticultura. Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

«Coida a túa cidade». Charlas para 4º, 5º e 6º de Primaria.

O xoves 16 de abril, tivemos una clase especial de coñecemento do medio. O Concello de Ferrol, en colaboración con Urbaser, ofreceron unas charlas co lema “Coidar a túa cidade non cheCharlas Coidar a cidade (8) custa nada… non facelo cústache moito”.
Pola mañá… Sigue leyendo

Actividade de Voz Natura

No día de onte, os alumnos de Secundaria IMG-20150414-WA0006que teñen colaborado ao longo do curso con Voz Natura, estiveron encargados da elaboración dun bancal exterior no que se trasplantaron as cabazas e cabaciñas que tiñan sementado no mes anterior no… Sigue leyendo

«Dialogando coa natureza». Semana das Ciencias.

PicPlayPostPhotoDo 23 ao 27 de Marzo, celebramos no Colexio a Semana das Ciencias. Ao longo de toda a semana contamos coa colaboración do Ir. Pablo quen un ano máis desenrolou actividades específicas sobre o medio ambiente e a natureza para que o alumnado do centro adquira actitudes respectuosas co medio partindo do coñecemento específico do mesmo.
Esta semana desenvolvéronse unha ampla gama de actividades:

  • Educación Infantil:
    • Coñecendo o mundo no que vivimos: rochas, plantas e animais.
    • Observación e contacto con rochas, plantas e animais. Visita na aula dos habitantes da zona de Voz Natura do centro.
  • Educación Primaria:
    • O alumnado de 1º traballou o tema da auga: Un ben valioso. Realizando prácticas de filtración e depuración.
    • O alumnado de 2º centrouse en: As plantas por dentro. Movemento de líquidos. Realizaron prácticas con craveis: Damos cor aos craveis brancos “sen cores”. Observamos e coñecemos diferentes tipos de plantas.
    • O alumnado de 3º traballou: As plantas. Clases de plantas. Diferencias. Observación e manexo de diferentes tipos de plantas.
    • En 4º o tema escollido foi: A estrutura interna das plantas. Función das follas: respiración e fotosíntese. Observación de follas con clorofila e sen clorofila. Prácticas de extracción e observación da clorofila. Comprobación do funcionamento do dobre sentido da vista e do oído.
    • En 5º o tema foi: A auga: Un ben valioso. Consérvao e disfrútao. Realizamos unha depuradora e fixemos prácticas de filtración de auga.
    • O alumnado de 6º traballou: A electricidade. Xeradores, condutores e consumidores. Producción de carga electrostática. Comprobación de propiedades. Práctica con xeradores. Estudo experimental de condutores.
  • Educación Secundaria:
    • As plantas: estrutura interna, fotosíntese.
    • Observación con microscopio da estrutura interna das plantas.
    • Extracción da clorofila. Separación da Xantofila.

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Sementando no colexio

Plantación Voz Natura (81)Con motivo do Día da árbore (21 de marzo) e aproveitando para celebrar a chegada da primavera, ao longo da semana do 16 ao 19 de marzo realizamos diversas actividades de Voz Natura, relacionadas coa plantación:

  • Plantación de bulbos de flor (tulipáns, iris e fresías) en Educación Infantil, empregando bricks (reutilización de envases).
  • Plantación de sementes en Educación Primaria en envases de plástico reutilizables. As sementes plantadas foron de cabaciña e cabaza.
  • Plantación en Secundaria. Sementes de cabaciña e cebolas en envases reutilizables.

Ademais, ao longo da semana do 23 ao 27 de marzo, realizaremos co alumnado de Secundaria un bancal de cultivo no xardín a partir dun palet e posteriomente levaremos a cabo a plantación de fresas e sementes en colaboración coa Escola Infantil.

Velaquí máis fotos da actividade: Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

2ª tarde lúdica na ESO (febreiro)

Coma todos os mércores de finais de IMG-20150225-WA0022cada mes, tivemos a tarde lúdica adicada a Voz Natura. Na tarde de hoxe, un grupo de alumnos e alumnas, animados por dúas profesoras, prepararon unhas macetas empregando materiais de… Sigue leyendo

Pequenos agricultores

Voz Natura 3º (1)O venres pasado os alumnos de 3ºE.P plantamos leitugas en botellas de auga  e macetas.

Esta actividade está recollida dentro do proxecto de educación medioambiental “Voz Natura” que tenta fomentar o coidado e a conservación do medio natural e promover hábitos saudables.

Foi moi divertido e agora temos que coidalas para que medren!!!

Velaquí algunhas fotos máis da actividade…

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email