Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Voz Natura

Semana da Ciencia e Voz Natura

Ao longo da semana estivéronse levando a cabo diferentes accións cos nosos alumnos para conciencialos sobre a importancia de coidar e protexer a natureza.

Reflexións sobre o Medio Ambiente e a nosa contorna a primeira hora da mañá, distintas actividades: elaboración e pegada de carteis, «experimentos divertidos para alumnos atrevidos» (apagar velas sen soprar, botar ovos, como voan os morcegos, canto plástico hai nunha tira de porexpan…), plantación de bulbos e amorodos con distintos cursos… Todas as actividades de carácter práctico e vivencial que é a mellor maneira de aprender cousas!!!

Podedes comprobar varios vídeos das actividades na canle de youtube do cole.

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Tarde de Obradoiro de Voz Natura

Na tarde de hoxe os alumnos/as do Obradoiro img-20161201-wa0019de Voz Natura tiveron unha nova xuntanza promovida por Lorena, María Jesús e Bruno. As tarefas desenvolvidas, desta volta, consistiron no mantemento do xardín exterior e as plantas sementadas o mes pasado, limpando de malas herbas o terreo.

Unha vez feito iso, plantaron lavanda e santolina, herbas aromáticas que prenden fácil e dan moito ambiente. E por último, aprenderon a trasplantar, levando unha begonia e un ciclame do xardín exterior xunto coas nosas plantas de interior. Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Tardes lúdicas: Voz Natura

Un ano máis, comezamos hoxe cunha actividade img-20161027-wa0046que ten moi boa acollida entre os rapaces de ESO: as tardes lúdicas. Trátase de actividades que organizan os profesores de Secundaria para os seus alumnos, fóra de horario escolar, e que pretenden achegarse aos alumnos con outros tipo de contidos, non académicos, pero non exentos de valores culturais, sociais e persoais.

O Equipo de Voz Natura (Lorena, María Jesús e o reforzo hoxe de Bruno) deseñou para a esta tarde a creación dun novo ‘Espazo Voz Natura’. As actividades organizadas desde esta comisión de Voz Natura son sempre actividades que van a prol do coidado do ecosistema e da conservación e respecto pola natureza, sendo eses os obxectivos que se pretenden conseguir cos alumnos.

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Tarde lúdica con Voz Natura

Na tarde de hoxe, os membros do equipo de Voz Natura IMG-20160428-WA0028tiveron unha actividade do máis entretido.

En primeiro lugar, cargados con pas e sachos, adicaron moito tempo e esforzo para preparar o terreo no xardín da Escola infantil.

Unha vez feitos os buratos na terra, plantaron diversas especies de arbustos e árbores froiteiras: framboeseiros, arandeiras, aguacates e lichis. Agora toca a tarefa de coidalas e esperar a que medren e dean froito.

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Obradoiros de Voz Natura e edición de vídeo

Durante a tarde de hoxe, os alumnos que participan IMG-20160406-WA0068en Voz Natura  e os de edición de vídeo tiveron unha tarde de traballo conxunto. Por unha banda, os máis «esforzados» do cole puxéronse mans á obra e estiveron preparando un novo horto a carón das instalacións da Escola infantil. Traballaron arreo para preparar o espazo para sementar en primeiro lugar, e despois plantaron pementos picantes e doces, cabaciñas e perexil…

Todo isto foi inmortalizado dixitalmente por unha alumna do Equipo de edición de vídeo. O resultado podedes velo nas fotografías, e mañá, o grupo de alumnos que se encarga da edición do blog de ESO subirán o vídeo ao seu canal de youtube e poderemos velo todos.

Iso se chama traballar en equipo! Ben feito rapaces!

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Tarde lúdica Voz Natura e Edición de vídeo

Na tarde de hoxe, os dous Obradoiros que se ofrecen IMG-20160302-WA0065aos alumnos de ESO nas tardes dos mércores uníronse para unha oferta común. Aproveitando que mañá (día 3 de marzo) se celebra universalmente o Día da Natureza, aproveitaron a celebridade para reunir os dous grupos e facer unha plantación de diversas árbores a cargo dos alumnos do Obradoiro de Voz Natura e aproveitar ese momento para que os alumnos do Obradoiro de vídeo inmortalizaran a escea.

As árbores que se plantaron foron unha cerdeira, un marmeleiro, un caqui, un limoeiro e tamén framboesas e arandeiras… En canto dean froito poderemos facer unha doce marmelada!

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

¡Nuestras «mascotas» vienen al cole!

Mascotas Educ. Inf (62)Durante esta semana y coincidiendo con el trabajo de la unidad didáctica de los animales, los niñ@s de Educación Infantil han contado con la visita de sus mascotas en el cole.

Desde el lunes han ido pasando por nuestras aulas muchos animales: aves, reptiles, perros, gatos , peces…

El mundo animal es un aspecto importante a tener en cuenta en el conocimiento y acercamiento que hemos de propiciar en los niñ@s hacia el medio natural. Los animales son significativos y motivadores para ellos.

Por ello hemos querido que mediante la observación directa de diversos animales y a través de la convivencia con algunos de ellos, los niñ@s identificarán  sus características, el medio en que se desenvuelven, su forma de desplazamiento, su reproducción, su alimentación…., desarrollando actitudes de cuidado, respeto y cariño hacia ellos. Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Semana da Ciencia

Durante a semana do 18 ao 22 de xaneiro estivemos Semana Ciencias Educ. Inf (11)realizando no colexio toda unha serie de actividades encadradas dentro da Semana da Ciencia. O tema central que quixemos traballar cos nosos alumnos foi «Unha viaxe pola nosa terra» e, para iso, organizáronse varios obradoiros en función das idades dos alumnos.

Contamos coa inestimable axuda do Irmán Pablo Castrillo, que se ofreceu voluntariamente para preparar moitos dos contidos e das charlas co seu agarimo habitual.

Entre os obradoiros realizados, houbo un pouco de todo:

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Voz Natura prepara o seu horto floral

Durante a tarde de hoxe, un grupo de alumnos de ESO IMG-20160127-WA0009que traballa en Voz Natura, co reforzo dun grupo de esforzados alumnos de 5º de EP estiveron preparando o horto floral deste curso.

Foi unha tarde intensa e moi divertida. Aprenderon moito, pois no nosos horto hai un chisco de todo: prímulas, begonias,  margaridas, ranúnculos, narcisos… se atendemos á parte floral; e tamén unha parte con plantas decorativas ou aromáticas: santolinas, romeus…

O xardín está colocado nun lugar estratéxico de paso do colexio e estades convidados a ver os avances do noso horto.

Parabens por un traballo ben feito, rapaces!

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Los alumnos/as de 3º y 4º de E.P aprenden a reciclar con Urbaser

Dentro de las muchas actividades Urbaser 3º y 4º E (3)que realizamos dentro de Voz Natura, el martes 19 de enero, ha venido a nuestro colegio, Sabela,  que trabaja en URBASER. Nos ha dado una charla a los alumnos/as de 3º y 4º de E.P, para enseñarnos cómo hay que reciclar y la importancia de hacerlo bien.

Hemos aprendido un montón de cosas, por ejemplo, en qué contenedor tenemos que tirar los objetos que tenemos en casa.  Nos dijo que en el cubo amarillo hay que meter: envases ligeros, latas, briks, tapas, tapones, bolsas, cubiertos desechables.  En el cubo verde todo tipo de botellas de vidrio, tarros, frascos de conservas y cosmética de cristal. En el cubo azul: papel, cartón, propaganda, cajas de cartón, periódicos, libros, revistas..

También nos explicó el proceso de reciclaje: ConsumimosSeparamosTransformamosSeleccionamosReciclamos y Reutilizamos. Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email