Get Adobe Flash player

Xestor educativo

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Infantil

Día Internacional contra a violencia de xénero

Durante esta semana, todos os cursos do colexio estiveron traballando distintas actividades relacionadas con ese día. É por iso que, remarcando sempre a importancia da IGUALDADE entre todas as persoas sen ningunha distinción, propuxéronselles varias actividades, cada unha axeitada á súa idade.

Todo o colexio participamos nas actividades propostas desde a Federación de Anpas de Ferrolterra e fixemos uso dos materiais que desde ela nos ofreceron. Do mesmo xeito, empregamos as reflexións, e titorías que tiñamos proporcionadas por PROYDE, a nosa ONG. A exposición que temos nos corredores «Mujeres del cambio: una ventana a su mundo» foi un excelente punto de partida para reflexionar e debatir sobre a realidade de mulleres noutros países e a realidade que temos no noso. A situación sanitaria fai que teñamos que espallar estas visitas polo que, varios cursos farán a visita e este traballo ao longo da próxima semana.

Ademais de todo isto, preparamos as nosas «árbores do respecto». No pavillón colocáronse unha árbore por etapa educativa e nas titorías cada alumno/a decorou unha folla cunha mensaxe persoal a prol da erradicación da violencia de xénero. O resultado resultou moi vistoso como podedes ver nas fotos. Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Primera Semana de Proyectos

Durante la semana del 2 al 6 de noviembre, en el centro se ha llevado a cabo la primera Semana de Proyectos del curso. Todas las clases, desde los 3 años hasta 6º EP han realizado diferentes proyectos que, en algunos casos se prolongarán en las semanas sucesivas.

Educación infantil, aunque tiene proyectos trimestrales, han preparado una reseña de lo que están trabajando en esa etapa.

Empezando por los pequeños de 3 años que han comenzado su Proyecto “Las Manos” con una actividad de motivación que ha despertado el interés sobre este tema. La magia ha sido la encargada de inaugurar este apasionante proyecto, consiguiendo llenar de ilusión las caras de los niños y niñas desde el primer día. Durante estos días, se han formulado preguntas como las siguientes: ¿Cómo son las manos y cuántos dedos tienen? ¿Cómo se llaman los dedos de las manos? ¿Qué podemos hacer con las manos? ¿Podemos hacer arte con las manos? ¿Cómo podemos cuidar las manos?… Y las respuestas a esas preguntas han llegado en forma de juegos y otras actividades que han ido completando los aprendizajes de esta semana. Al terminar la semana, entendieron que las manos son mucho más importantes de lo que pensamos y que muchas veces no somos conscientes de ello. Se han divertido mucho, pero la experiencia no acaba aquí, ya que seguirán trabajando en torno a este tema los próximos días. Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

A pesar da COVID… celebramos o Samaín.

Xa sabemos, xa. A situación non está para festas e para ningunha celebración. Pero o profesorado do cole tiñamos claro que o noso alumnado MERECÍA poder celebrar esta festa porque, tras horas e horas de clase dando exemplo coas mascarillas, gardando as distancias, desbotando as apertas…, iso, queridas familias, merecía un premio.

Estaba claro que non se podería á maneira tradicional, coas cabazas, todos xuntos no patio, tomando chocolate como en anos anteriores, e que a situación sanitaria condicionaba moito as nosas posibilidades… pero como non hai quen poida con nós, se antes organizabamos un Samaín ao grande, desta volta organizamos 18 pequenos para garantir a seguridade, as distancias, as aulas-burbullas, as mascarillas… Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Agradecemento!!!

Esta mañá incorporáronse os alumnos de 4º de ESO e, por fin,  xa estamos todos. Foi un proceso longo desde as primeiras chegadas na Escola infantil a comezos de setembro ata o día de hoxe. Moita incertidume pola situación social e ante os moitos cambios que houbo que facer no centro para adaptarnos aos protocolos impostos desde a Consellería de educación. Somos conscientes de que esas novidades supuxeron ter que cambiar rutinas que xa tiñamos interiorizadas desde hai moitos anos, e a resposta de familias e alumnado está sendo excepcional.

Agora que xa estamos todos, é o momento de dar as GRAZAS.

Grazas ás familias polo voso apoio e comprensión durante estas semanas no comezo de curso e por cumprir con rigorosidade os protocolos. Sen dúbida algunha, o exemplo que os adultos damos aos nosos fillos é a mellor explicación que se lles pode impartir… e o voso exemplo está sendo de matrícula de honra.

Tamén queremos agradecer a implicación do alumnado. Desde educación infantil ata o último curso de Secundaria dá gusto contemplar o comportamento en clase, nos corredores, nos patios de todos e cada un deles, sendo conscientes da importancia de seguir as normas básicas para protexerse un mesmo e protexer aos demais.

Queremos animarvos a que non baixemos a garda e continuemos, todos a unha, nesta loita que nos tocou vivir neste momento. Estamos desexando poder repartir apertas, chocar as mans, traballar en grupos, achegarnos aos amigos… pero, entre todos, saberemos esperar ao momento axeitado.

Recibide un agarimoso saúdo do profesorado e, novamente, GRAZAS.

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Benvido/a ao novo curso 2020-21!

Print Friendly, PDF & Email

Alumnos/as con vulnerabilidade por outras patoloxías

Información para familias que teñen fillos/as coa condición de vulnerabilidade por outras patoloxías.

Print Friendly, PDF & Email

Importancia do autochequeo antes de vir ao colexio

Antes de saír da casa para a escola, é moi importante que, pola saúde de toda a Comunidade educativa, profesores e alumnos fagan todos os días este autochequeo e sigan as instrucións en caso de ter algún dos síntomas descritos. #VueltaSeguraAlCole #SomosLaSalle

Print Friendly, PDF & Email

Información Servizo de madrugadores curso 2020-21

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Información Servizo de comedor curso 2020-21


MOI IMPORTANTE:

As familias interesadas en utilizar o comedor,  deben enviar un correo electrónico a direccion@lasalleferrol.es ou mensaxe en Sallenet a Dalmacio Diego Corral Moreno ANTES DO LUNS 7 ÁS 1200 h, poñendo:

1. nome do alumno/a,

2. curso

3. modalidade de comida (en comedor ou para levar).

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email

Protocolos MOI IMPORTANTES para o comezo das clases

Sigue leyendo

Print Friendly, PDF & Email