Días NON lectivos nesta semana
Lembramos ás nosas familias que o xoves 5 de decembro é un día festivo escollido polo centro e que polo tanto NON haberá clase en Educación Infantil. E. Primaria e Secundaria. Si permanecerá aberta a Escola infantil.
Primera Semana de Proyectos 18-22 de noviembre
Durante la semana del 18 al 22 de noviembre, todos los curso del cole hemos estado trabajando a través de Proyectos. Como sabéis, una de las señas de identidad de los centros La Salle es la Innovación y el trabajo por proyectos será la base del Nuevo Contexto de Aprendizaje (NCA) para el que nos estamos formando el profesorado y que integrará a todos los centros La Salle del distrito ARLEP.
Después de la experiencia de lo realizado en años anteriores, los proyectos son cada vez más elaborados:
Las clases de Educación infantil se encuentran aún elaborando sus productos finales y en una próxima noticia se detallará el trabajo realizado por alumnos/as, pero ya os anticipamos que es, como siempre, espectacular.
1º EP: El nombre de su proyecto fue «Juegos, amigos y recreo». En él aprendieron muchas cosas sobre los juegos populares y sus reglas. Compartieron cuáles eran sus juegos preferidos e hicieron un libro con ellos. Aprovecharon su trabajo durante esta semana para jugar con las mates, música, EF y resultó muy positivo porque, a la par que jugaban, aprendían. Como conclusión final, descubrieron que lo más importante en los juegos es siempre tener amigos. Sigue leyendo
1º y 2º de Primaria en el Teatro y Exponav

I Programa Escolar de Ferrolterra pola Eliminación da Violencia de Xénero
Ao longo desta mañá todos os cursos do colexio aportaron á súa achega ao I Programa Escolar de Ferrolterra pola eliminación da Violencia de Xénero. Este programa reunirá aos escolares dos concellos de Ferrolterra en torno ao Día internacional da eliminación da violencia contra mulleres e nenas.
Para iso, tras unha serie de actividades axeitadas ás súas idades, levaron a cabo o acto simbólico de atar uns lazos morados coas súas mensaxes de apoio ás persoas que sofren calquera tipo de violencia de xénero nunha celosía. Un acto simbólico, pero cheo de significado dos nosos nenos e nenas e do profesorado. O acto central terá lugar o día 25 no Concello cunha representación do noso centro. Sigue leyendo
Pasámolo moi ben na clase de Música!!!
Os alumnos de 6° tiveron hoxe unha visita na aula dalguén moi especial: Un Lutier.
Emilio Romero Fabal, mestre e artesán; faloulles do seu traballo, ensinoulles como se constrúe unha pandeireta, fixeron un «carrizo» e tamén intentaron facer soar unha caracola moi grande.
Co carrizo facíanse ritmos moi chulos e a caracola non era moi doado tocala (aínda que soprar, si que sopramos jajaja)
Grazas mestre, polo que nos transmitiches. Grazas polo teu labor. Sigue leyendo
Celebración do Samaín
Ao longo desta semana, todos os niveis do centro foron realizando diferentes actividades relacionadas co costume galego de orixe celta do Samaín. O colofón a esta celebración tivo lugar o martes pola tarde, cun encontro de toda a comunidade educativa. Os asistentes tiveron a oportunidade de participar no concurso de cabazas, nun concurso de tartas e no concurso de disfraces para o alumnado de Secundaria. Obradoiro de maquillaxe, chocolate quente, venda de produtos para as excursións de fin de curso… foron outras das actividades levadas a cabo.
Primeira animación lectora
Durante a semana do 14 ao 18 de outubro levouse a cabo no colexio a primeira semana de Animación lectora do curso. A temática estaba relacionada cos personaxes da mitoloxía galega.
É por iso que se traballaron diferentes personaxes de xeito motivador para os rapaces e rapazas e con varias interaccións entre as diferentes clases:
Os peques de 3 anos traballaron as meigas. Feitizos, amuletos e moitas máis cousas relacionadas coa Galicia máxica e as bruxas.
En 4 anos, ao comezo da semana atoparon todo fóra do seu sitio. Despois de varias pesquisas, chegaron á conclusión de que o autor de todo o desaguisado foi un Trasno. Estiveron investigando toda a semana acerca de cando nos visita, que podemos facer para que non veña, as súas diferentes formas e incluso aprenderon un poema e unha canción.
Na clase de 5 anos investigaron sobre o personaxe de «Pedro Chosco«, que baixa ás casas dos niños polas noites, atravesando as fragas galegas, para comprobar que dormen ben e teñen soños placenteiros. Aprenderon a súa historia, cantaron e bailaron unha divertida canción, e recitaron alguna que outra poesía. Como actividade de expresión plástica, fixeron uns coloridos atrapasoños que se levaron para colgar enriba da cama. Sigue leyendo